O Compos non foi capaz de rematar, unha vez máis, un triangular con dúas vitorias. O equipo santiagués gañou o primeiro encontro ante o Atlético Riveira, rival na Copa Deputación, pero non foi capaz de superar ao Arosa, gañador do torneo amigable. Entre os outros dous equipos, o Arosa gañou pola mínima no primeiro encontro. En canto aos goles, Chiño e Jordan anotaron ante o equipo de Riveira mentres que Fondevila fixo o propio na final.
Atlético Riveira e Arosa abriron o triangular cun encontro onde os arousanos gañaron grazas a un gol de Camiño desde fóra da área aos vinte minutos de xogo. Unha vitoria cómoda anque un tanto escasa que foi suficiente para chegar á Final, que xogaría ante o Compos no terceiro partido.
No segundo, a Esedé xogou ante o perdedor do primeiro. Un enfrontamento ante o Atlético Riveira cun equipo que parece non será o titular na Copa Deputación pero que foi máis que suficiente para alcanzar a primeira vitoria da tarde. Os goles de Chiño, que se está a gañar un posto no primeiro equipo a base de goles, e Jordan, que chegou con moita forza á pretempada, foron os autores dos tantos.
E no terceiro partido, o Arosa foi superior a un equipo que durante vinte minutos mantivo o mesmo once do primeiro encontro. Por contra, a diferenza do pasado corenta e cinco minutos antes, en dez minutos xa estaba moi por detrás a Esedé. Dous goles de Eloy Fariña, o primeiro un golazo, foron suficientes para que o Arosa, que puido aumentar distancias, gañase o encontro ante un Compos que non foi capaz de reaccionar a tempo. Fondevila fixo o gol branquiazul a vinte minutos para o final sen rematar a remontada.
Con isto, a falta de saber o que pasará a partir de agora, o Compos remata os partidos amigables para dar paso á Copa Deputación na que, por sorteo, xogará sempre fóra de San Lázaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario