Unha vitoria e unha derrota

O Compos rematou segundo no Triangular en Bembibre ante a Ponferradina, gañador, e o Atlético Bembibre. Dous encontros de 45 minutos nos que o equipo de Iñaki Alonso superou ao equipo de categoría superior e caeu ante o inferior. Dous encontros co mesmo resultado, 2-1, e un terceiro partido entre os dous equipos do Bierzo onde a Ponferradina gañou por 3-0 levándose a vitoria total do torneo amigable. 
Compos e Atlético Bembibre abriron o triangular cunha vitoria para o equipo local. Unha derrota para comezar cos goles de Lucho e Tano por parte do equipo local deixando sen opcións ao noso equipo a só sete minutos para o final. Dani Hernández fixo o gol co que a Esedé se achegou no marcador anotando un tanto co que gañar opcións para levarse o triangular.
No segundo encontro agardaba o rival máis duro: a Ponferradina. Yuri, ex do Pontevedra, fixo o primeiro do encontro aos cinco minutos facendo crer que chegaría a cuarta derrota. Pero dous ex do Murcia, Rubén Sánchez e Gerard Oliva, deron a volta ao encontro en menos de vinte minutos facendo o 2-1 definitivo pechando a primeira vitoria da pretempada e igualando o total do triangular.
No terceiro encontro, a Ponferradina gañou grazas aos goles de Acorán, Sobrino e Berrocal pechando o amigable cunha vitoria que deixa aos de Segunda como vencedores grazas á diferenza de goles. 
O vindeiro martes, en Bouzas, partido ante o Rápido de Bouzas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario