Novo triangular para abrir a pretempada

Pouco a pouco vaise aclarando una pretempada para a Esedé con rivais complicados. Despois de facerse oficiais os triangulares en Bembibre e Pontevea, xa coñecemos que a mesma fin de semana que comecen os adestramentos haberá un primeiro triangular en terras galegas ante un gran rival. E é que A Senra acollerá a estrea do noso equipo no novo curso onde terá que enfrontarse ao Ribadumia e o Lugo.
O 18 de xullo, en Ribadumia, o Compos terá que xogar o que parece será o primeiro amigable da pretempada ante dous rivais importantes do fútbol galego. O Ribadumia, equipo local, rematou a pasada tempada 7º na Terceira división a só catro puntos do Choco, cuarto clasificado. Un equipo onde un vello coñecido pola afección branquiazul vive unha segunda xuventude aos seus 38 anos. Changui, o xogador que saiu de San Lázaro cara Elxe deixando máis dun inimigo, sumou 22 goles a pasada tempada nas filas do equipo ribadumiense rematando no máis alto da táboa de goleadores da categoría.
Por outra parte, o Clube Deportivo Lugo asinou a permanencia na Segunda división sen pasar problemas no tramo final do campionato. Un equipo cun novo adestrador, cun equipo reforzado na busca de algo importante e que neste caso xogará o seu segundo encontro despois dun partido, tres días antes en Viveiro, ante o Somozas. Sen dúbida, o rival máis atractivo do que se presenta ata o momento na pretempada branquiazul. 
Ademais, mantense o rumor dun posible partido amigable ante o Deportivo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario