Xa coñecíamos tres triangulares que xogará a Esedé este verán con ata dous equipos de Segunda división. Pero o Compos segue perfilando a pretempada, unha pretempada para soñar con algo importante de cara ao novo curso. E agora, para mellorar o nivel, o Compos terá un novo encontro ante o CD Lugo. Un partido en Monforte de Lemos que pasa de ser un rumor á realidade.
O Lugo, que xa comezou a adestrar, con Mario Barco, dianteiro que quere o Compos en calidade de cesión, nas súas filas e á espera de pechar a fichaxe de Álvaro Lemos. O equipo de Segunda división xogará a súa quinta tempada na categoría de prata e será o rival máis duro do novo verán no primeiro partido amigable o mércores 22 de xullo. O encontro será no Campo Municipal de Monforte só tres días despois de visitar Ribadumia.
Por outro lado, o clube fixo oficiais as primeiras cifras sobre os abonados. Polo momento hai 886 socios entre os que se atopan 61 novas altas. Resta mes e medio para o comezo de tempada, agardemos que eses números melloren aínda máis e se vexan reflexados nas bancadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario