O Clube Deportivo Lealtad, equipo asturiano que milita na categoría de bronce por segunda vez na súa historia, viaxa por primeira vez a San Lázaro. O conxunto de Villaviciosa, que ocupa un dos postos de descenso, apunta a ser un rival serio, nada doado, pero ante o que o Compos ten posibilidades de sumar a segunda vitoria da tempada na casa cos que alonxarse dos postos perigosos.
Un cuarto da Liga remata este mesmo domingo en San Lázaro.
O vixente campión do grupo II da Terceira división estrearase por primeira vez no feudo branquiazul ante un Compos un tanto irregular. Dous equipos que precisan os tres puntos para poder achegarse un pouco aos seus obxectivos finais. Tres puntos que segundo Iñaki son moi importantes, ao igual que os da seguinte xornada en Langreo, sen os que o ascenso podería convertirse definitivamente nun soño imposible.
Sen ningún partido oficial entre ambos no pasado que ter en conta, só cinco puntos separan aos dous a estas alturas. O cuarto equipo menos goleado, o noso Compos, ante o cuarto máis goleado. Un equipo que só sumou tres puntos como local ante outro que lonxe de Las Callejas só sumou un empate no que vai de liga, ante o duro Marino de Luanco.
Oito encontros ata o de agora nos que o Lealtad só puido gañar ao Langreo grazas a dous goles de Jorge Fernández, máximo goleador do equipo, e outro de Yosu. Dous empates máis, ante Atlético Astorga e Marino de Luanco, e cinco derrotas completan os números dun equipo que anotou sete goles e recibiu doce encaixando un gol por partido como mínimo.
En canto ás baixas, Lemos vai por bo camiño na súa recuperación pero aínda con moito camiño por percorrer. Ademais, Fondevila non estará por sanción mentres que Jordan, Portela e Marcos serán dúbida ata última hora. Pola súa parte, Pantiga será baixa no equipo visitante por sanción.
O encontro será este domingo ás 17 horas en San Lázaro e os que non poidan asistir ao campo poderano ver a través das cámaras da TVG2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario