O Compos xogou o que podería ser o seu derradeiro amigable nesta pretempada ante o Vitória de Guimarães da Primeira división portuguesa. Un ex equipo de Champions nun encontro moi igualado, disputado, e no que Mensha rematou por convencer totalmente a Iñaki Alonso polo que asinará por unha tempada. Manu Rodríguez, titular indiscutible no centro do campo, e Iván Pérez fixeron os goles para a Esedé mentres que Nii Plange recurtou diferenzas desde os once metros para o equipo portugués.
Cun nivel non visto no que vai de pretempada, a Esedé saiu na busca da terceira vitoria da pretempada ante o rival, sen dúbida, máis duro do presente curso. Un encontro que foi de menos a máis ata chegar as ocasións máis perigosas superados os vinte minutos, cando Manu Rodríguez fixo o primeiro gol da tarde cun pouco de sorte. Mensha consegue asistir ao de Moraña entre a defensa e este bate ao porteiro con un disparo raso que pasa entre as pernas.
Co gol, os homes de Iñaki Alonso sentíronse máis cómodos sobre o terreo de xogo e puideron facer o segundo gol en máis dunha ocasión. E superada a media hora de xogo, Iván Pérez fixo o segundo. Un gol de fermosa factura. Controla o esférico e pégalle cun efecto imparable. O balón sube e baixa no momento perfecto para entrar na portería sen que o porteiro luso puidera facer absolutamente nada para evitalo.
Só un minuto máis tarde, na seguinte xogada, o Vitória conseguiu recurtar diferenzas desde os once metros cun penalti tan xusto coma innecesario. Nii Plange, lateral de Burkina Faso, non errou diante de Raúl Marqueta, que non puido evitar o gol visitante.
Xa na segunda metade, o Compos saiu ao terreo de xogo coa quinta marcha metida. Un inicio que foi de menos a máis ata que o Vitória tomou o manexo do encontro e gozou das mellores ocasións do encontro diante de Ramón, que demostrou un gran nivel con paradas incribles a goles cantados e facendo esquecer os erros baixo os paus do equipo nos dous partidos anteriores.
Finalmente, o equipo pechou unha semana de tres encontros cun balance negativo pero con boas sensacións sobre todo neste último exame. E a pretempada continuará este xoves en Arzúa e rematará o domingo en Ordes. O importante, que ninguén o esqueza, comeza o domingo 24 en San Lázaro ante o Burgos.
ALIÑACIÓN: Raúl Marqueta (Ramón, min. 46); Josu (Luis Bragado, min. 46), Alcañiz (Mateo, min. 63), Portela (Castiñeiras, min. 46), Jimmy (Catú, min. 46); Moya (Marcos Rodríguez, min. 46), Manu Rodríguez (Mon, min. 46); Jordan (Lemos, min. 46 e Rial, min. 70), Teles (Fondevila, min. 46), Iván Pérez (Javi Lorenzo, min. 46); e Mensha (Quim Araujo, min. 63).
CARTÓNS:
GOLES: 1-0 23' Manu Rodríguez, 2-0 32' Iván Pérez, 3-0 33' Nii Plange.
ESTADIO: San Lázaro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario