O Compos cae cun equipo de Preferente

A Esedé non puido saír de Arzúa cunha nova vitoria ante o equipo, a priori, máis asequible da pretempada. Moi mal partido en defensa dos homes de Iñaki Alonso ante un rival que recibiu a un Segunda B con moita ilusión. Un partido moi intenso e no que saíron de inicio ata catro xogadores das categorías inferiores. Manu Rodríguez, unha vez máis, foi o autor do único gol branquiazul. 
O Compos non puido comezar o encontro de peor forma. Catú, que volveu ao once inicial, cometeu un erro na saída de balón deixando a Iván só diante de Raúl Marqueta, que non puido evitar o primeiro gol da tarde en menos de dez minutos. 
Co resultado en contra, o equipo intentou ir de menos a máis pero sen saber como superar a liña defensiva arzuana. Sen embargo, pouco a pouco atoparon ocos na zaga rival e Iván Pérez, que parece que non quedará na Esedé, buscou con insistencia a porta de Vicente, sen sorte ningunha mantendo as esperanzas locais para facer un segundo tanto, que chegou ao final do primeiro tempo.
O Arzúa, que só puido defenderse das acometidas santiaguesas, puxo de novo en apuros a Marqueta a falta de cinco minutos para o final do primeiro tempo. Unha chegada que evita o aragonés non foi máis que o preludio do segundo gol, dous minutos máis tarde, obra de Esteban aproveitando un balón morto dentro da área.
A segunda metade comezou con máis ritmo e coa Esedé dominando. Sen Iván Pérez sobre o campo, na segunda metade Manu Rodríguez tomou o mando do equipo unha vez máis e puxo, de novo, en perigo a porta contraria. Sen embargo, o centrocampista de Moraña non foi capaz de batir ao porteiro ao igual que Mensha e Quim Araujo, protagonistas secundarios nos ataques visitantes.
Para rematar, Manu Rodríguez obtivo a recompensa merecida aos seus corenta e cinco minutos sobre o terreo de xogo de insistencia. Unha vez máis, aproveitando a súa potencia, o morañés atopou o camiño ao fondo das mallas desde fóra da área. Un bo gol nunha boa segunda metade pero insuficiente para non rematar cunha derrota máis. 
O domingo chegará o derradeiro partido da pretempada en Ordes ante o equipo de Cabrejo, Álex Blanco, Rendo, Nacho e compañía.

ALIÑACIÓN: Marqueta; Darío (Alcañiz, min. 65), Castiñeiras, Catú, Mateo; Moya (Marcos Rodríguez, min. 65), Mon (Manu Rodríguez, min. 65); Iago (Baliño, min. 65), Fondevila, Iván Pérez (Quim Araujo, min. 65); e Mensha.
CARTÓNS:
GOLES: 1-0 7' Iván García, 2-0 43' Esteban, 2-1 90' Manu Rodríguez. 
ESTADIO: Municipal de O Viso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario