Mensha, Mon e Mateo pasan a proba

Mon e Mateo pasan a proba de Iñaki Alonso e os dous xogadores das categorías inferiores terán ficha do primeiro equipo a vindeira tempada. Os dous xogadores, que participaron na pretempada co primeiro equipo xogando minutos en tres partidos o primeiro e en catro o segundo, un seguro no lateral tras estrearse os dous no Triangular de Praíña no partido ante o Cerceda. Pola súa parte, Mensha tamén convence ao adestrador e será o primeiro dianteiro centro do equipo, ao que seguirá outro tamén chegado do mercado estival.
Mon, centrocampista que pode xogar polas bandas e que xa probou de extremo, xogou a tempada pasada cedido no Grixoa, na Terceira división. 30 partidos como titular e 4 máis como suplente no equipo santiagués chegando a ser un habitual e nos que anotou 3 goles ante Boiro, Dorneda e Arosa, tres goles que curiosamente foron lonxe de Santa Isabel. 
Pola súa parte, Mateo é un lateral procedente das categorías inferiores. O xogador xa participou en catro amigables este verán loitando por un posto con Josu e Jimmy e sendo así, xunto co anterior, o quinto xogador das categorías inferiores que ten ficha do primeiro equipo seguindo os pasos de Castiñeiras, Catú e Jimmy. 
E Godwin Mensha, dianteiro nixeriano de 24 anos e para algúns comparable co histórico Ohen, chega despois do seu paso polo Socuéllamos de Ciudad Real. Un ariete que asina pola Esedé para cubrir a baixa de Joselu, que deixou unha importante sombra en San Lázaro despois de máis de 60 goles en dúas tempadas. 
Con estas tres chegadas, o equipo conta con 21 xogadores e só unha ficha de xogador senior, que podería ser ocupada por un novo dianteiro ou Iván Pérez, sen equipo e que leva adestrando ás ordes de Iñaki Alonso dende o inicio do curso 2014/15. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario