Ramón Sánchez, veteranía para a porta

José Ramón Sánchez chega á portería de San Lázaro procedente do Happy Valley de Hong Kong. O cancerbeiro sevillano conta cunha ampla experiencia na Segunda B despois de pasar por 9 clubes españois e o equipo chinés. Aos seus 34 anos, o andaluz formouse nas categorías inferiores do Sevilla ata chegar ao filial do equipo hispalense.
Unha tempada no Sevilla B con descenso incluido para comezar no fútbol semi-profesional. A tempada seguinte, no Cádiz, xogou un só encontro antes de voltar ao filial sevillista. Jerez, Mérida, Pájara-Playas, Terrassa, Ceuta, Écija e Atlético Sanluqueño completan o historial dun gardarredes que acumula ata o de agora 317 encontros na Segunda B onde encaixou 358 goles.
Un porteiro experimentado e que terá como competencia polo posto de titular posiblemente a Marc Martínez, porteiro do Depor B.

Ningún comentario:

Publicar un comentario