Portela, un central máis

Despois da desaparición do Ourense, os xogadores libres do ex equipo ourensán, con calidade demostrada, interesan aos grandes da Segunda B. E tras a chegada de Josu, Portela tamén fai o camiño a Santiago desde O Couto. Ademais, o central loitará por un dos dous postos do centro da zaga con Catú, Castiñeiras e Alcañiz.
Aos seus 29 anos, Portela pasou toda a súa carreira nas filas do CD Ourense. 65 encontros na Segunda B, 26 deles a pasada tempada, ademais dun gran número de partidos na Terceira división tamén nas filas do equipo ourensán. Un xogador que ademais tiña outras ofertas, entre elas unha importante do Somozas, pero aceptou a dun equipo "novo e moi renovado".

Ningún comentario:

Publicar un comentario