O Compos volve coa prata e boas sensacións




A Esedé e o Cerceda tiveron que ir aos penaltis para decidir o primeiro gañador do triangular. Un encontro sen goles nin ocasións perigosas no que debutaron ata oito xogadores, tres deles procedentes das categorías inferiores. Ademais, Catú e Jordan demostraron contar tamén para o novo adestrador, ao mando do equipo dende fai escasos días.

Pouco fútbol durante os corenta e cinco minutos onde os dous equipos puideron marcar despois de contar cunha ocasión perigosa por bando. Os dous porteiros fixeron ben o seu traballo e remataron o primeiro partido sen encaixar goles.
A penaltis, despois de oito lanzamentos por cada equipo, o Compos sumou a primeira vitoria. Ramón estivo moi acertado baixo paus e os cinco acertos desde os once metros fixeron que a primeira vitoria caera do lado branquiazul.

ALIÑACIÓN: Ramón; Luis Bragado, Alcañiz, Catú, Mateo; Marcos Rodríguez, Iván Moya, Teles; Jordan, Rial e Mon.
CARTÓNS: -.
GOLES: 0-0.

E un novo empate no segundo encontro onde o Compos saiu con sete novidades. Un encontro no que Javi
Lorenzo, xuvenil, deixou moi boas sensacións e o único gol dun equipo que tivo nas súas mans o título, que foi camiño de Vigo grazas á goleada do Coruxo ante o Cerceda. Javi Lorenzo, único dianteiro deste segundo partido nun equipo moi parecido ao do ano pasado. 
Corenta e cinco minutos sen descanso nos que a Esedé foi superior. Sen embargo, un disparo de falta directa aos dez minutos foi imposible para Davis, porteiro francés a proba co equipo e que ten moitas posibilidades de ser o suplente de Ramón. Un gol que só fixo que o Compos mellorase e buscase con máis intensidade a porta defendida por Fernando, que non puido evitar dous minutos despois o empate do ex xuvenil do Depor. 
Co empate, os branquiazuis necesitaban un gol máis para poder volver a casa co trofeo. Lemos, Quim Araujo e Moreira, os tres recén chegados, probaron sorte sen atopar o camiño ao fondo das mallas. Aínda así, en xeral, o equipo deixou moi boas sensacións pero demostrando que o equipo non está pechado todavía a falta da chegada dun par de dianteiros. 

ALIÑACIÓN: Davis; Josu, Castiñeiras, Portela, Jimmy; Manu Rodríguez; Lemos, Fondevila, Quim Araujo, Moreira; e Javi Lorenzo. 
CARTÓNS:
GOLES: 0-1 10' Mateo, 1-1 12' Javi Lorenzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario