Procedente do Arroyo chega Iván Moya. Unha nova incorporación á Esedé a escasos días do primeiro partido de preparación do equipo. Centrocampista de 26 anos que pode xogar tanto no medio do campo como de central e con experiencia na Segunda B, onde acumula seis tempadas entre o Marbella, o Écija e o filial do Español.
Na pasada tempada, xogou un total de 31 partidos de liga. 18 encontros na primeira volta co Écija onde anotou o seu único gol da campaña. Además, recibiu 6 cartóns amarelos en case 1.600 minutos. E na segunda volta, no Arroyo, xogou 13 partidos e recibiu 6 cartóns amarelos máis e un vermello en case 1.000 minutos. Ademais, cabe destacar que dos 31 encontros foi titular en 29.
Importante chegada para reforzar o centro do campo ocupando o posto que deixou baleiro Gonzalo. Ademais, Borja Facal deixa o Compos camiño do Bergantiños, onde compartirá vestiario con Roberto Piñeiro, outro ex da nosa Esedé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario