Alcañiz reforza a defensa

Desde Fuenlabrada chega a cuarta incorporación da Esedé. José Manuel Alcañiz, central de 24 anos, é o quinto defensa, terceiro central, despois de pasar polo conxunto fuenlabreño previo paso polo Raio Vallecano, onde xogou durante 14 anos chegando a xogar ata dous partidos co primeiro equipo na Segunda división na tempada 2011-12. 
Alcañiz xogou 160 partidos entre o primeiro equipo e o filial vallecano ademais de 32 partidos no Fuenlabrada esta tempada loitando as catro últimas tempadas na Segunda B, na que xa conta cunha gran experiencia.
Para seguir reforzando o equipo, a directiva xa pensa en incorporar novos xogadores no que destaca o nome de Lemos, xogador do Deportivo que chegaría cedido por unha tempada ao equipo da súa cidade. Ademais, aproveitando que os adestramentos comezarás o 16 deste mes, o adestrador podería probar a xogadores das categorías inferiores de cara á pretempada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario