O Compos xogará a Copa Deputación

A Esedé estará un ano máis na Copa Deputación da Coruña. O campión das dúas últimas edicións do torneo voltará ao torneo nos dezaseisavos de final ante o gañador do Puebla contra o que pase do Flavia-Noia, eliminatoria da rolda previa. O sorteo deixou tamén un gran posible Compos-Racing en oitavos que se xogaría en Santiago. 
O camiño á terceira final da Copa consecutiva non será doado e comezará lonxe de Santiago. A fase previa deparou un Flavia-Noia do que sairá o rival do Puebla na segunda rolda. E do gañador dos tres equipos sairá o primeiro rival da Esedé xa en dezaseisavos. A partir de aí o camiño non será igual. En oitavos o rival sería o Racing se non hai sorpresas. Boiro e Deportivo B tamén poderían aparecer no camiño á unha nova Final, que se xogaría o 15 de agosto con sede por determinar. 
Tamén se coñeceu xa que as entradas, un ano máis, terán un prezo de cinco euros cada partido, incluida a Final.
A parte, xa se coñecen os posibles equipos que configurarán o grupo I da Segunda B. Galegos, entre os que non parece estar o Pontevedra; asturianos, castelán-leoneses, cántabros e o Logroñés. Sen embargo, isto non será oficial ata o luns, día que tamén se coñecerá o nome do equipo que ocupará a praza do Puertollano, pola que loita o equipo granate. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario