Avilés esconde a primeira

Este domingo, o Compos terá una nova oportunidade para rematar cos malos resultados lonxe da casa. Avilés recibirá esta fin de semana ao único equipo da categoría que non sabe o que é gañar a domicilio. Un partido no que os asturianos buscarán manterse na zona alta da táboa, sexto a catro puntos da promoción de ascenso. Pola súa parte, a Esedé precisa os tres puntos para achegarse ao obxectivo posto pola directiva ao comezo da tempada e que fai pouco recordou Prol nunha entrevista, estar nos postos altos.
Os afeccionados no Estadio Novo Román Suárez Puerta verán este domingo un partido entre dous históricos do fútbol pero non poderá ver sobre o terreo de xogo a Gonzalo, cerebro do equipo santiagués sancionado para este encontro; Manu Rodriguez, lesionado, e Fran Pastor, por precaución. Pola súa parte, Josu Uribe non poderá contar con Camochu, ex do Celta B, e Gerardo por lesión.
As diferencias na táboa, seis puntos entre un e outro, non son tantas se temos en conta a diferencia de goles anotados e recibidos por un e outro equipo. O Avilés sumou ata o de agora 26 goles, tres menos que o Compos, e recibiu 20 ante os 28 que encaixou a Esedé nestes 21 partidos que levamos de campionato. Ademais, outra das diferencias atópase nas táboas de goleadores e de porteiros menos goleados. Joselu, con 15, é o máximo anotador da categoría mentres que Alex Arias o é do Avilés con 8. Pola súa parte, Adrián ocupa a terceira posición por ser o porteiro menos goleado mentres que Ángel é o décimo oitavo. 
En canto aos partidos entre ambos, o Compos só visitou Avilés na tempada 1991-92 cun resultado de 0-0, igual que o visto no partido de ida nesta mesma campaña en San Lázaro. 
O partido será este domingo ás 18:30 horas no Novo Román Sánchez Puerta. Poderase ver por TPA e a TVG2. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario