O Compos terá que viaxar a terras navarras para superar o segundo escollo de cara á Segunda. Toca visitar unha cidade coma Pamplona, cun equipo Primeira como é o Osasuna... pero para visitar ao AD San Juan. Un equipo que rematou a tempada como campión do grupo navarro e que nos seus 51 anos de vida, os mesmos que o Compos, está na promoción de ascenso a Segunda B.
O AD San Juan chega despois de certificar a primeira posición do grupo na última xornada. 80 de 114 puntos posibles son os primeiros números dun gran equipo que durante toda a tempada demostrou, sobre todo, un grandísimo nivel defensivo. 23 victorias, 11 empates e, ollo, só 4 derrotas en toda a tempada regular. En canto aos goles, non se caracteriza por un equipo moi ofensivo despois de anotar 53 goles pero moito coidado porque é un equipo que só encaixou 16 goles no que vai de tempada, 0,4 goles por partido de media.
A nivel individual destaca Guillermo, artífice da clasificación baixo paus en 22 dos 38 encontros, e Iker Pérez, máximo goleador do equipo con 12 goles no seu casilleiro. E pouco máis se pode dicir do segundo equipo que menos goles recibiu esta tempada.
Na primeira fase polo ascenso, a de Campións, o equipo navarro non puido co CD Puerta Bonita. Unha eliminatoria que se decidiu por un so gol. Un gol en cento oitenta minutos para decidir a un dos oito primeiros en ascender esta tempada. 0-0 no estadio San Juan e 1-0 en Madrid, no campo do Puerta Bonita.
A ida será en San Lázaro e haberá que saír cun bo resultado xa que en toda a tempada os navarros recibiron 8 goles na casa. Un equipo moi forte e que mellora no seu campo onde sumaron 12 victorias, 5 empates e só dúas derrotas contra o Cortes e o Txantrea por 0-1 cada unha. Uns números que se completan cos 29 goles a favor e só 8 en contra.
A volta será en Pamplona dentro de case quince días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario