Carlos Hortal, último reforzo

Tras coñecerse a lesión de Christian, o Compos buscou rapidamente un reforzo para substituír ao arxentino de cara á promoción de ascenso. O encargado de ocupar o seu posto, e a ficha de Tachi nestes próximos partidos, será Carlos Hortal Romera, porteiro que xa coñece Galiza despois do seu paso polo Celta, xuvenís e filial; Vilalonga e Lalín. Chega procedente do Puertollano. 
Porteiro madrileño de 22 anos que comezou a súa carreira deportiva nas categorías inferiores do Atlético de Madrid. Chegou ao Celta en 2008 para xogar en xuvenís e a temporada seguinte no Celta B na Segunda B xogando tres partidos. A seguinte tempada estivo nas filas do Vilalonga en Terceira durante a primeira volta e no Lalín a segunda. Esta mesma tempada xogou no CD Puertollano. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario