O Compos pon pé e medio na seguinte rolda da promoción de ascenso á Segunda B despois de golear con facilidade ao CD Ebro, que non fixo ningún mérito para non volver a terras aragonesas sen un saco de goles. Joselu por partida triple e Marcos, a pase do de Riveira, fixeron os catro goles dun partido cómodo onde o equipo amosou un gran nivel con Diego Peláez e Joselu ao frente creando ocasións e asistencias.
Dominio do Compos de principio a fin e provocando boas ocasións de perigo durante os noventa minutos intentando sentenciar a eliminatoria na casa. Con Yahvé polo centro, Joselu pola esquerda e Diego Peláez pola dereita, o equipo apenas necesitou cinco minutos para ter a primeira do partido cun disparo de Yahvé que non atopou portería.
Dez foron os minutos que necesitaron Diego Peláez e Joselu para crear unha desas xogadas que namoran á afección. O centrocampista sácase do sombreiro unha obra de arte para sacar de enriba a dous defensas e pon un centro que, dentro da área, Joselu non dubida en transformar no que foi o primeiro gol do partido.
O Compos, con gañas de acabar coa eliminatoria no primeiro partido, mantivo a posesión e a presión na saída do balón aragonesa. Pola súa parte, o CD Ebro non fixo máis que defenderse de cada ataque branquiazul sen chegar a superar a liña do medio do campo en ningunha ocasión e menos aínda para incomodar a Adrián.
A segunda metade comezou con dúas boas chegadas por parte do equipo maño pero Adrián respondeu con boas intervencións. Sen embargo, tamén respondeu rapidamente Joselu co segundo gol da tarde. O dianteiro de Riveira atopa un balón morto no segundo pau e non dubida en disparar sumando así o 2-0 co que a victoria estaba practicamente sentenciada.
O ritmo non baixou nin o máis mínimo e o terceiro gol era cuestión de tempo. Cuestión de nove minutos que foi o que necesitou Joselu, unha vez máis, para facer o seu primeiro hat-trick nesta promoción de ascenso na que volve a demostrar o seu gran nivel. De novo, como asistente hai que apuntar a Diego Peláez que semana tras semana está demostrando un nivel de categorías superiores.
O Ebro terminou de desaparecer en combate acusando, sobre todo, o terreo de xogo, máis grande do que están acostumados e perdendo a dous xogadores por lesión. E, para mellorar a tarde, Marcos fixo o cuarto a pase de Joselu co que o Compos non só deixou finiquitado o partido senón tamén a eliminatoria a falta de noventa minutos.
A semana que vén hai que viaxar a Zaragoza para o que podería ser un simple trámite xa que é practicamente imposible que o CD Ebro anote cinco ou máis goles.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Catú, Germán, Jimmy; Gonzalo, Manu Rodríguez; Yahvé (Martín, min. 86), Peláez (Marcos, min. 76), Jordan (Jacobo, min. 73); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelo para Gonzalo.
GOLES: 1-0 10' Joselu, 2-0 50' Joselu, 3-0 59' Joselu, 4-0 84' Marcos Suárez.
ESTADIO: San Lázaro. 2.500 espectadores, ambiente de luxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario