Faltan tres partidos para rematar a tempada e o Compos aínda non está matematicamente clasificado para a promoción de ascenso a Segunda B. Sen embargo, todo fai presaxiar que o equipo santiagués estará nesa loita por voltar á categoría de bronce do fútbol español ben sexa como cuarto ou como terceiro clasificado.
Antes de nada, a Esedé debe certificar a presenza na fase de ascenso. Hai que sumar 6 dos 9 puntos que restan para non ter que depender de outros, o Pontevedra neste caso para, como mínimo estar. Pero ademais estaría moi ben rematar na terceira praza, aínda que tamén podería ser como segundos se o Celta B, xa clasificado, perde os tres partidos que lle quedan.
De aquí ao final queda recibir en San Lázaro ao Bergantiños e ao As Pontes, na última xornada, e a visita a Ordes dentro de dúas semanas, partido que podería ser definitivo para lograr o obxectivo e no que non debería faltar ninguén da familia branquiazul. Tamén podería conseguirse antes se o Pontevedra cae ante o Vilalonga, que se xoga a permanencia; o Betanzos ou o Deportivo B na última xornada, partido que pode facer que o Compos remate terceiro, que o Pontevedra estea entre os catro primeiros ou que todo siga como agora.
Xa na promoción, ao Compos agora mesmo xogaría contra o segundo clasificado de outro grupo de Terceira, algo que iría a sorteo. Neste caso o partido de ida xogaríase en San Lázaro mentres que o de volta sería fóra de Galiza.
Agora mesmo o rival sería algún dos seguintes:
G2 (Asturias): Universidade de Oviedo.
G3 (Cantabria): Raio Cantabria.
G4 (País Vasco): Arenas Getxo.
G5 (Cataluña): Cornellá.
G6 (Comunidade Valenciana): Elche Ilicitano.
G7 (Comunidade de Madrid): Collado Villalba.
G8 (Castela e León): Cultural Leonesa.
G9 (Andalucía Oriental e Melilla): El Palo.
G10 (Andalucía Occidental e Ceuta): Córdoba B.
G11 (Illas Baleares): Poblense.
G12 (Illas Canarias): Atlético Granadilla.
G13 (Murcia): FC Jumilla.
G14 (Extremadura): Don Benito.
G15 (Navarra): San Juan.
G16 (A Rioxa): Alfaro.
G17 (Aragón): Andorra.
G18 (Castela-A Mancha): Conquense.
Estes serían os posibles rivais do Compos na promoción se a tempada rematase hoxe. Pero, ao igual que no grupo de Galiza, nada está definido nos demais.
A semana que vén, unha nova entrada cos posibles cambios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario