Contra o tempo, a polos tres puntos

Este sábado o Compos terá unha dura saída. O mal tempo será un dos novos rivais dos nosos este fin de semana en As Eiroas. Diante, un rival que non apunta a complicar as cousas á Esedé. De feito, o Bergantiños chega ao partido desde a décimo oitava posición da táboa.
O Bergantiños ocupa o posto 18 da clasificación con só 13 puntos, a 4 da salvación. 13 puntos que lograron ata o de agora grazas a 3 victorias, 4 empates e 9 derrotas. Un equipo que na casa sumou 8 dos 24 puntos posibles gañando incluso ao Celta B, máximo perseguidor do Compos e principal ameaza polo segundo posto. Para completar as estadísticas, suman só 11 goles a favor, terceiro equipo que menos goles anotou ata o de agora. Ademais levan recibidos un total de 28 goles, segundo equipo que máis goles encaixou no que vai de tempada.
No último partido, todos coñecemos o feito polo Compos. Non anotou Joselu pero si o fixeron tanto Gonzalo como Franqueira para que os nosos mantiveran o segundo posto unha semana máis. Pola súa parte, o Bergantiños chega despois de caer contra o As Pontes a domicilio por un gol a cero.
En canto ás baixas para este, Fredi non poderá ter ao seu mando a Tachi, Franqueira e Nogueira. Por contra e sorte, si podería entrar na lista final Diego Peláez, que xa adestra co resto dos seus compañeiros. Pola súa parte, o adestrador do Bergantiños non poderá contar con Gonzalo, Rudi, Dani Gigerey e Fernando pero recupera a Iván Amor. 
O partido será o sábado ás 16:30 horas en As Eiroas, Carballo. Asubiará o vigués Rodríguez Barreira. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario