A pechar o ano con victoria

O Compos terá este sábado un novo partido importante de Liga, o último do 2012, no que sumar unha nova victoria podería, de sumarse unha nova sorpresa na Malata, podería facer que o equipo santiagués rematase o ano a seis puntos do Racing e coas pilas postas para dar a volta á clasificación na segunda volta e rematar a tempada no único posto que deixa unha posibilidade máis de ascender en caso de perder de primeiras. 
Diante estará o Órdenes. O equipo dirixido polo gran Nacho, un dos mellores xogadores da historia da Esedé, e no que xoga os ex do Compos Cabrejo e Jesús Torres, chega a San Lázaro con intencións de abandonar a zona media da táboa e buscar dar unha sorpresa ante o segundo clasificado. Con 23 puntos son undécimos. O cadro ordense suma ata agora 6 victorias, entre a que destacan as conseguidas contra o Fabril e o Pontevedra na casa; 5 empates e 6 derrotas máis. Un equipo que está mellorando nos partidos da casa pero que lonxe de Vista Alegre a cousa e moi diferente. O Órdenes aínda non sabe que é gañar lonxe da casa despois de sumar 5 derrotas e 3 empates. 3 puntos de 24 posibles para facer crer que este sábado as cousas poderían non ser moi complicadas, aínda que isto é fútbol e pode pasar de todo. 
Para este encontro, Fredi non poderá contar con Nogueira, Germán, Tachi e Franqueira, aínda que estes dous últimos adestraron os últimos días co resto dos compañeiros. Pola súa parte, o adestrador do Órdenes non conta con baixas significativas.
En canto ao feito na pasada xornada, os dous chegan de gañar. O Compos fíxoo grazas aos goles de Mariño e Cardelle en propia porta na visita ao Bergantiños. Pola súa parte, o Órdenes chega de gañar a As Pontes o domingo cun gol de Capelo e un golazo, por non dicir obra de arte, de Cabrejo. 
O partido será en San Lázaro este domingo ás 16:30 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario