Dúas semanas e media despois de comezar en Santa Isabel contra o Victoria... o Compos xa ten no seu poder a primeira Copa Deputación da súa historia! Noventa minutos moi complicados nos que houbo que loitar con dez e contra doce case a metade do partido. Superioridade dos coruñeses durante o primeiro tempo e axuda do colexiado, amonestando ata a catro xogadores da Esedé incluindo a expulsión de Jimmy a falta de media hora para o final do encontro.
O Deportivo B saiu a por todas desde o primeiro minuto de xogo. Moi cedo puxeron en apuros a Adrián, titular unha vez máis. Control do esférico no centro do campo e ata zona de tres cuartos, os deportivistas só intentaban crear ocasións cando atopaban ocos claros na defensa compostelanista. Por contra, os nosos buscaban a portería deportivista a base de xogadas rápidas ao contraataque intentando aproveitar erros.
Sen embargo o primeiro en fallar foi o Compos. Mal despexe da zaga compostelanista que aproveita Cano e pon por diante ao filial deportivista. E o seu xogo mantívose... Mantiveron o esférico pero sen buscar a porta de Adrián.
E no tempo extra chegou o empate. Nunha saída dos coruñeses, Franqueira rouba o balón e desde a frontal bate a Marc Martínez cun gran disparo.
Tras o paso por vestiarios, o Compos mellorou notablemente e empezou a disputar a posesión do esférico aos rivais. Sen embargo os problemas non tardaron en aparecer. A unha ocasión rival houbo que sumar o terceiro e o cuarto cartóns amarelos, a Diego Peláez e Mariño, e a expulsión de Jimmy cando os nosos xa creaban mellor fútbol.
O único positivo é que o Compos mellorou e o Fabril foi a menos desaparecendo as ocasións sobre a portería de Laureda e traspasando o traballo ao seu homólogo deportivista. Joselu, Bautista e Martín non conseguiron superalo pero deixaron un bo sabor de boca ao final do partido.
Xa nos penaltis o que destacou, o artífice da victoria foi Adrián pasando un penalti. Ademais Manuel Castiñeiras, Mariño, Manu Rodríguez, Jacobo Tato e Uru pecharon o que é o primeiro título do Compos 2012/13.
ALIÑACIÓN: Adrián; Rendo, Jimmy, Manuel Castiñeiras, Mariño; Bautista, Franqueira, Kolman (Manu Rodríguez, min. 46); Joselu (Uru, min. 78), Diego Peláez (Jacobo Tato, min. 63) e Louro (Martín, min. 46).
CARTÓNS: Amarelos a Mariño, Diego Peláez e Kolman. Expulsado Jimmy por doble cartón.
GOLES: 1-0 16' Cano, 1-1 45' Franqueira.
PENALTIS: 1-0 Manuel Castiñeiras, 2-0 Mariño, 2-1 Romay, 3-1 Manu Rodríguez, 3-2 Uxío, 4-2 Jacobo Tato, 4-3 Queijeiro, 5-3 Uru.
ESTADIO: O Roxo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario