A SD estrearase en Santiago!

Todos sabemos que este sábado o Compos xogará o primeiro partido da pretempada contra o Victoria. Pero hoxe puidemos coñecer o escenario deste debut dos nosos. E, por sorte para os siareiros composteláns, o partido xogarase en Santa Isabel, feudo do Grixoa entre outros e antigo estadio do Compos. 
Como se prevía, será ás 19 horas, horario imposto pola Federación Galega e os prezos das entradas son de 6 € socios incluidos e gratis para os nenos. 
Agora xa non o dubidedes, o Compos necesítanos nas bancadas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario