Igual que para tódolos equipos, para o Compos tamén soan un bo número de xogadores en cada época de fichaxes. E dous días despois do último partido da tempada chega o primeiro nome. Trátase de Manu Barreiro, dianteiro do Pontevedra cunha longa experiencia tanto en Terceira coma en Segunda B a pesar da súa idade.
Aos seus 25 anos, o compostelán xoga no Pontevedra. Antes diso triunfou no Cerceda, sendo titular indiscutible e anotando 20 goles en 36 partidos.
Saído das categorías inferiores do Real Madrid, debutou no Valencia B xogando un só partido co filial che. De ahí marchou ao Lalín xogando ata 33 partidos. Tras un bo paso polo equipo galego marchou para o Alxeciras, onde xogou tempada e media antes de fichar polo Cádiz. Media tempada no filial gaditano antes de subir ao primeiro equipo e facer o seu único gol na Segunda división. Co conxunto andaluz descendeu a Segunda B e mantívose unha temporada máis. Firmou co Xerez Industrial pero ao apenas triunfar volveu ao norte para xogar a segunda metade da tempada no Zamora, onde o seu casilleiro de goles quedou a cero como non facía dende a súa etapa no Valencia. O pasado ano firmou a súa mellor campaña co Cerceda. Este ano formou parte do equipo do Pontevedra, rival da Esedé o ano que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario