Diego Penas, o último caído

O gardameta Diego Penas únese ás outras sete baixas xa oficiais de cara á próxima tempada. Oito baixas xa confirmadas polo clube e que poderían deberse a ofertas á baixa por parte da directiva. Con esta baixa ábrese a porta á chegada dun novo gardameta entre os que destaca o nome de Fernando Pacheco, porteiro do Real Madrid C que xa debutou no primeiro equipo.
O de Monforte abandona a entidade compostelana despois de dúas temporadas defendendo as cores da Esedé baixo os paus de San Lázaro. Esta campaña apenas xogou media tempada, a segunda metade, e encaixou 11 dos 27 goles que recibiu o equipo na volta á Terceira. 
Un novo xogador que recibe a carta de liberdade para poder irse ao equipo que queira. Esperemos que ao igual que o resto teña sorte e poida atopar un gran clube no que gozar de minutos. 
As boas noticias chegan ao ver que tamén hai xogadores que xa se sabe que seguirán. Bautista, Paco, Castiñeiras, Louro, Pablo, Martín e Nejc Kolman renovaron por un ano máis ca Esedé. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario