Despois de facerse oficiais as oito baixas comezaron as renovacións dos demais xogadores. Hoxe fixéronse oficiais dez renovacións pero aínda quedan tres xogadores co futuro descoñecido. Sen embargo melloran as cousas na Esedé, que xa ten unha base de xogadores para a Terceira.
A portería seguirá moi ben defendida un ano máis por Christian. Pablo Vidal, Manuel Castiñeiras, Bautista, Paco e Germán manterán un gran nivel na defensa. Para o centro do campo quedan Kolman e Jacobo Tato. E na dianteira de momento só están Louro e Martín. Dez xogadores que poderían ser titulares en Terceira en calqueira partido pero que terán que loitar polos postos no once cos xogadores que chegarán.
Todavía quedan 3 xogadores sen confirmarse o seu futuro. Trátase de Maikel, Imanol e Manu Rodríguez. Quitando o primeiro, os outros dous poderían confirmarse nas próximas horas. O caso de Maikel, como anunciou o director deportivo Julio Prol, é o máis complicado e tardará en anunciarse algo máis. Sen embargo que ninguén tire a toalla porque o veterano dianteiro que chegou á metade da tempada podería seguir vistindo as cores que todos levamos no corazón.
Falando das fichaxes, non saberemos nada ata que se confirme se as tres dúbidas que quedan seguirán no Compos. Sen embargo fálase estos días de que Máximo Oubiña 'Tachi', xogador do Vilalonga, podería volver á Esedé tras o seu paso na 2003/04.
Falando das fichaxes, non saberemos nada ata que se confirme se as tres dúbidas que quedan seguirán no Compos. Sen embargo fálase estos días de que Máximo Oubiña 'Tachi', xogador do Vilalonga, podería volver á Esedé tras o seu paso na 2003/04.
Ningún comentario:
Publicar un comentario