Hoxe, 1 de xuño, cúmprense nada máis e nada menos que 18 anos do, ata a data, único ascenso da Esedé á Primeira división. Soño que se cumpría en Oviedo, tras un terceiro partido ante o Raio Vallecano que gañou o noso equipo por 3 goles a 1.
Aquel equipo dirixido por Fernando Castro Santos levou a milleiros de siareiros compostelanistas á cidade asturiana. Unha afección que nunca fallou a este equipo no camiño do Compos pola máxima categoría do fútbol español.
18 anos máis tarde chega outro ascenso da Esedé, esta vez a Terceira. Un equipo que namorou a todos co seu xogo e comezou a recuperar parte daquela afección levando a San Lázaro unha media de 1.000 persoas, con 1.500 socios e chegando a encher a Tribuna con 4.000 persoas. E todo isto pasa grazas á man de Anxo Casalderrey, vinte e un xogadores e unha gran directiva.
Grazas Compos! Voltaremos ao máis grande!
Ningún comentario:
Publicar un comentario