Despedida ao grande da Preferente


Chega o último partido da Esedé da tempada. Trátase do partido do que sairá o campión da Preferente galega. Compostela, campión do grupo norte, contra o UDC Barbadás, campión do grupo sur. 
O Barbadás chega despois de facer unha gran temporada ante equipos de Ourense e Pontevedra. Os ourensáns sumaron 84 puntos avantaxando en 4 puntos ao Céltiga, segundo clasificado. Ao igual que o Compos sumaron 26 vitorias, e ademáis empataron 6 partidos e perderon outros 6. 
O Compos fixo unha temporada de ensoño como todos sabemos. 87 puntos divididos en 26 vitorias, 9 empates e só 3 derrotas. O mellor equipo da Preferente que ademais pódese demostrar con demais números: 90 goles a favor e 28 en contra, algo so ao alcance dos equipos máis grandes. 
O partido será en San Lázaro a pesar dos rumores que había sobre que o partido se xogase nun campo neutral. Será a partido único este sábado ás 19:30. Haberá entrada única de 5 euros para todos, socios incluidos. 
Esperámoste! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario