Sobraron 45 minutos

 O Compos volveu sumar de tres e fíxoo contra un Covadonga que ben puido merecer máis durante os primeiros corenta e cinco minutos. No segundo tempo si apareceu a fame nos de Míchel e bastaron quince minutos para deixar tres puntos importantes na casa mellorando algo as sensacións dos dous últimos partidos e medio. Parapar e Manu Barreiro, autores de dous goles nunha cita onde Samu volveu ser titular e debutaron David Grande e o xuvenil Baña, titular tamén. 

 No primeiro tempo se mantivo o guión das dúas últimas xornadas. Un Compos apático, sen ideas nin forzas contra un Covadonga que viaxou coa intención de non perder. E con non perder referímonos ao partido, non ao tempo. E é que se en ataque puideron ter oportunidades de sacar algo positivo aproveitando os erros da defensa e dominando sobre un centro do campo branquiazul inédito, en defensa non se deron ningunha presa perdendo todo o tempo posible en cada saque dende a portería propia. 

 No segundo se puido ver que quen perdoa, paga. O Covadonga perdoou no primeiro tempo e pagou caro no segundo. Parapar, a centro de Roger Escoruela, non perdoou na volta de vestiarios. Aberta a lata, Juampa e o propio Parapar volveron probar sorte diante do porteiro pero sería Manu Barreiro, cumprida a hora de xogo, o que asinou o gol da tranquilidade. 

 Cos dous goles de vantaxe, os de Míchel tentaron evitar sustos e, cos trocos, se puido dar a tranquilidade necesaria. Aínda así, o Covadonga a piques estivo de aproveitar un erro claro da defensa que non soubo materializar o dianteiro ovetense, sendo superado por Pato no man a man. 

 Finalmente, tres puntos importantes para un Compos que agora terá dúas saídas consecutivas contra dous dos tres primeiros clasificados en dúas datas chave para os intereses branquiazuis de cara ao remate do curso. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario