A segunda fichaxe

 Despois do regreso de Roque hai escasas semanas, e que xa puido debutar o pasado domingo, agora é a quenda da segunda fichaxe para esta segunda volta. Chega á Esedé Roger Escoruela, lateral esquerdo que procede do Cerdanyola, equipo catalán da Segunda Federación onde milita o ex xogador branquiazul Guille Torres. 

 Barcelonés de 27 anos, foromouse nas categorías inferiores do Cornellà, chegando ao xuvenil do Espanyol hai xa dez anos. Ano e medio nas filas do cadro barcelonés para pechar a súa etapa formativa, durante media tempada, no xuvenil do Villarreal. Do conxunto 'groguet' pasou a iniciar a etapa sub 23 no Gavà, onde tivo unha boa actuación sendo habitual e chamando a atención do Eibar. Chegou ao conxunto vasco pero sen debutar co equipo, marchando cedido un curso ao Real Unión e deixándoo ao ano seguinte para recalar nas filas do Vitoria, no que permaneceu dúas tempadas antes de volver a terras catalás no final do mercado de 2019. 

 De volta na súa terra, pasou polas filas do Sant Andreu, Olot e Prat sumando máis de setenta partidos en tres tempadas volvendo coller o avión para xogar, ás ordes de Míchel Alonso, no Formentera. Non obstante, non foi unha tempada de gran recordo para el lesionándose e non puidendo xogar a segunda volta. 

 Despois do seu paso polas Baleares e medio ano sen poder xogar, volve a Catalunya para xogar no Cerdanyola de Segunda Federación. Media tempada na que se confirmou como un fixo na banda esquerda xogando un total de dezaseis partidos nos que repartiu unha asistencia e viu tres cartóns amarelos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario