Logo da terceira incorporación, temos unha nova baixa. Juampa Barros, que chegou ao Compos no pasado verán, non renova. O hispano-arxentino foi un habitual nos onces de Yago Iglesias facéndose dono da banda esquerda dende a visita a Salamanca, onde sairía como suplente.
Chegado dende o Ebro e cunha longa experiencia na Segunda B, Juampa precisou dous partidos para facerse coa titularidade pola esquerda. Suplente no Reina Sofía, foi titular fronte ao Deportivo e non deixou ese posto no once inicial ata a visita ao Helmántico coa que se pechaba a primeira volta e volvería ser titular durante toda a segunda volta e o inicio da segunda fase xogando un total de 21 partidos onde sería titular en 17 anotando dous goles na vitoria branquiazul en San Lázaro fronte ao Coruxo.
Agora só queda agradecerlle todo o traballo feito defendendo as cores do Compos e desexarlle moita sorte no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario