Fichaxe de nivel

 Só un día despois de anunciar as novas equipacións, coa estrea de Adidas na Esedé, chega unha outra incorporación importante. Fer Beltrán, centrocampista con experiencia e nivel, deixa A Malata polo Vero Boquete para reforzar a zona de creación con posibilidade de mellorar tamén o ataque grazas á súa chegada. Ademais, na súa carreira, suma máis de 100 partidos na Segunda B entre Racing e Coruxo así como moitos máis na Terceira galega. 

 Nado en Saviñao hai 29 anos, comezou a súa carreira deportiva nas filas do Deportivo, debutando co Fabril en 2011. Ese mesmo verán deixaría o equipo coruñés para xogar no Lalín seguindo na Terceira división polas filas do Alondras e Choco, dous anos en cada un. En 2016 chegaría ao Coruxo ascendendo á Segunda B, superando os 6.000 minutos no Vao en dous cursos e medio. 

 En xaneiro de 2019 recalou nas filas do Racing de Ferrol, equipo do que procede. 50 partidos en dúas tempadas e media nas que ascendería primeiro á Segunda B e á Primeira RFEF este mesmo ano e asinando 9 goles neste tempo. Esta última campaña, antes de lesionarse, marcaría tamén un gol no Vero Boquete. 

 Asina para as dúas vindeiras tempadas e toma o mesmo camiño que Joel ou Brais Abelenda, sendo os últimos futbolistas que deixaron Ferrol pola capital galega. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario