No mesmo día no que o clube anunciou a saída de Juampa, chega a cuarta fichaxe deste novo Compos de Rodri Veiga. Pablo Durán, dianteiro de Tomiño de só 20 anos, deixa a Preferente Sur, onde se estreou este ano no Porriño Industrial, e terá a opción de debutar na 2ªRFEF competindo polo posto con Primo, sendo os dous dianteiros que manexa agora o equipo.
Malia a súa idade, Pablo Durán tivo unha gran estrea en etapa senior. Suplente nas dúas primeiras xornadas, sería na terceira na que se estrearía no once titular e como goleador na vitoria fronte ao Juvenil de Ponteareas. Nos sete partidos restantes da primeira fase sairía dende o comezo e acabaría cun total de 9 goles en 10 partidos, cun dobrete fronte ao Caselas a domicilio e un 'hat-trick' na goleada contra o Cultural Areas. Antes, en idade xuvenil, 37 goles en dúas tempadas co xuvenil do AD Tomiño.
Un futbolista cun gran futuro por diante e con moito gol nas súas botas que defenderá as cores do Compos, como mínimo, durante as dúas tempadas que terá contrato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario