De Suíza a Santiago

 A segunda incorporación do Compos 21/22 xa é oficial. Juan Manuel Parapar chega á Esedé procedente do fútbol suízo. Interior dereito que pode xogar tanto polas bandas como polo centro, por detrás do punta, e con máis de 200 partidos no país centroeuropeo nos que anotou máis de trinta goles. 

 Parapar chegou a Suíza dende A Coruña en 2012 para xogar no Serrieres Neuchatel de cuarta división. Un primeiro ano no que xogaría 14 partidos e anotaría 1 gol. Mesma categoría pero diferente equipo, neste caso no Yverdon, para a súa segunda tempada na que sería quen de xogar un total de 21 partidos e marcar 2 goles servíndolle para renovar e ser titular durante toda a liga na 2014/15 marcando 6 tantos. 

 Sería, tamén en cuarta, na 15/16 cando deixaría ver o seu acerto de cara a gol con 11 goles en 26 partidos entre liga e copa defendendo as cores do Azzurri 90. E abandonaría a categoría en 2016, comezando a tempada nas filas do Dudingen pechando a mesma na Terceira división nas filas do La Chaux-de-Fonds co que tamén marcía 1 gol e no que estaría outra campaña máis que remataría con 4 acertos. 

 O seu maior éxito chegaría nas filas do Stade Lausanne-Ouchy, no curso 18/19, onde asinaría o ascenso á Segunda división, ao que contribuiría con 3 goles, e co que conseguiría a permanencia asinando, a pasada tempada, polo Neuchâtel Xamax da mesma categoría co que, unha vez máis, asinaría a permanencia marcando 3 goles e dando 4 asistencias en máis de 2.000 minutos. 


 Xa son 14. 

 Coa súa chegada, son xa 14 futbolistas confirmados para a vindeira tempada. Pato e Borja baixo paus; Saro, Casas, Queiruga e Jimmy en defensa; Joel, Samu, Baleato, Antas, Josiño, Rafa Mella e Parapar no centro; e Primo como o principal perigo ofensivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario