A primeira fichaxe

 Logo das dúas primeiras saídas, chega ao Compos a primeira fichaxe. Trátase do extremo dereito coruñés Rafa Mella, ex xogador de equipos coma Racing de Ferrol ou Coruxo así como unha ampla experiencia na Segunda división B, onde puido desputar máis de 200 partidos sabendo xa o que é xogar, como visitante, no Vero Boquete de San Lázaro. 

 Rafa Mella comezou a súa carreira senior nas filas do Racing de Ferrol, debutando na tempada 2009/10 en Miranda de Ebro. Unha primeira toma de contacto co fútbol de bronce ao que volvería, logo de dous cursos na Terceira división, da man do Coruxo en 2012. 1.500 minutos de xogo nun total de 28 partidos e nos que anotaría 2 goles. Un menos que na seguinte campaña, na que o número de partidos sería de 32 e 1.700 no equipo do Vao, onde se convertiría nun fixo nas dúas seguintes tempadas sumando un total de 135 partidos e 13 goles. 

 En 2016 sairía de Galiza para xogar unha tempada en Jaén, onde superaría os 1.800 minutos en 29 partidos e anotaría outros 4 goles para volver, no seguinte verán, ao Coruxo onde desputaría 35 partidos entre liga e fase de permanencia conseguindo a salvación na Segunda B para volver coller as maletas rumbo, neste caso, a Madrid. Outros 38 partidos entre tres competicións co Internacional de Madrid onde non renovaría para chegar a Salamanca en 2019, onde xogaría a primeira metade do campionato, e, dende xaneiro, no Mérida para completar outros 18 partidos e algo máis de 1.000 minutos con 3 goles. 

 E na última tempada, no Don Benito estremeño, tería minutos en todos os partidos do campionato sendo titular en 13 dos 24 partidos, cun case 1.300 minutos totais e sendo autor dun gol. 

 Unha fichaxe que vén a reforzar o ataque e ocuparía a posición que nestas dúas últimas tempadas foi para Miki e Gabri Palmás. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario