6 de maio


Novo día e novo precedente. Neste 6 de maio só temos un precedente na historia recente do noso Compos. Trátase dun partido no Carlos Belmonte ante o Albacete en Segunda división onde a Esedé non puido puntuar perdendo semanas despois a categoría.

6 de maio de 2001.
Albacete e Compos enfrontáronse hai hoxe dezaséis anos en terras manchegas por quinta vez na historia. Un partido onde os locais, que chegaban con intencións de asaltar os postos de ascenso no final da tempada, asinaron os tres puntos ante un rival que non estivo á altura.
Con Rafa Gómez, Jubera, Bellido, Chema, Adriano, Pignol, Nando, Jacobo Campos, Fabiano, Pedro Aguado e Juanito no once titular e Ohen, Díaz e Pinillos entrando dende o banco de suplentes, o equipo branquiazul non puido cun Albacete que abriu o marcador aos 5 minutos cun gol de Juanlu. Resultado remontable e con moito tempo por diante nun partido que pechou Jesús Muñoz no 67 co segundo gol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario