5 de maio


Achegándose xa ao final da tempada temos catro precedentes nun 5 de maio entre 1991 e 2013 con partidos entre Segunda B e Preferente con ata tres rivais galegos comezando na 1990-91 ante o As Pontes nun curso con ata seis equipos da nosa terra.

5 de maio de 1991.
Penúltima xornada do campionato e oportunidade de facerse co segundo posto da clasificación, algo que malia non conseguir non evitou o ascenso do Compos a Segunda. Un empate ante o As Pontes a un gol sen nada en xogo por parte do equipo da Ferrolterra que mantiña aos nosos con só o Real Madrid B por diante na táboa.

5 de maio de 2002.
Novo empate do equipo branquiazul na Segunda B, nesta ocasión en San Lázaro once anos despois e contra a Gimnástica de Torrelavega nunha campaña que, unha vez máis, rematou co noso equipo conseguindo o desexado ascenso de categoría.
Con Oliver, Pinillos, Biscay, Chema, Adriano, Manu, Pignol, Pedro Aguado, Arquero, Juanito e Maikel no once titular e Rodri, Bossa e Cabarcos entrando dende o banco de suplentes, o Compos non foi quen de superar a porta do conxunto cántabro en noventa minutos nun partido moi igualado na que foi a antepenúltima data do campionato regular.

5 de maio de 2012.
De camiño ao título de campión da Preferente Norte, o Compos superou na Fontenla ao Xallas a tres xornadas para o final, nas que confirmou o primeiro posto con dous partidos na casa e un en Boiro onde non se puido puntuar xa sen nada en xogo. 
O equipo de Anxo Casalderrey, con Diego Penas, Paco, Castiñeiras, Bautista, Damián, Jorge, Manu Rodríguez, Kolman, Jacobo Tato, José Ramón e Maikel no once titular e Imanol, Pablo, Rego e Alex Blanco entrando dende o banco de suplentes, superou ao equipo de Santa Comba grazas aos goles de Maikel, Manu Rodríguez e Rego, estes dous últimos confirmando a vitoria branquiazul logo de empatar o Xallas cun bo gol. 

5 de maio de 2013.
Un ano despois, de novo en Terceira, nova vitoria dos nosos en San Lázaro ante o Bergantiños para asegurar un posto na promoción de ascenso. Tres goles e tres puntos dun equipo que pecharía o curso cun ascenso en Cieza, Murcia. 
Sen moito traballo, o equipo de Fredi Álvarez asinou os tres puntos necesarios para certificar a súa presenza na promoción de ascenso. Con Adrián Laureda baixo paus, Facal, Castiñeiras, Catú e Jimmy en defensa, Franqueira, Gonzalo, Jacobo Tato, Germán e Yahvé no centro do campo e Joselu en ataque, aos que sumar a Rendo, Marcos Suárez e Martín, o Compos non sufriu para superar ao equipo de Carballo cos goles de Germán, Catú e Yahvé aproveitando erros importantes da defensa visitante.
O resumo cos tres goles, aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario