27 de abril


Nova entrada de 'Eran outros tempos' e nesta ocasión toca unha cun só precedente. Só un partido do noso Compos na historia recente do clube chegou un 27 de abril. Foi en 2003 en Elche e rematou con derrota por goleada na Segunda división.

27 de abril de 2003. 
Un Compos que non puido evitar o descenso, caeu no Martínez Valero de Elche tal día coma hoxe hai catorce anos. Un partido que, por outra parte, supuxo a única derrota no campo ilicitano nunha tempada na que tampouco se lles puido gañar en San Lázaro logo de catro empates nos catro precedentes cos que se chegaban a esa tempada.
Cun once formado por Tito, Pinillos, Corredoira, Pignol, Vojvoda, Adriano, Fabiano, Pedro Aguado, Sequeiros, Juanito e Maikel, aos que sumar a Fidalgo e Rodri, actual segundo adestrador branquiazul, o partido tivo un mal comezo e un peor final. Armentano adiantou aos locais aos dous minutos e Sequeiros anotou o tanto do empate á media hora. Chegouse coa igualdade no marcador ata os dez minutos finais e neses intres finais chegaron dous goles de Benja e Armentano cos que sentenzaron a vitoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario