22 de abril
Nesta nova entrega de 'Eran outros tempos' temos que falar de dous partidos do noso Compos xogados un día coma hoxe, un 22 de abril. Dous partidos xogados xa neste século entre a que aínda era unha boa época do equipo e a tempada na que, con Quinteiro xa no cargo de presidente, comezou esta nova etapa do equipo branquiazul con dous ascensos consecutivos.
22 de abril de 2001.
Finais da tempada 2000/01. Con aínda oito xornadas por diante, o Compos visitaba á xa desaparecida Unió Esportiva Lleida coa única intención de afastarse dos postos de descenso. Para iso habería que superar ao pechacancelas no Camp d'Esports da cidade catalana.
Ante o equipo defendido por Carlos Busquets, ex porteiro do Barcelona, houbo que remontar un gol de Óscar Álvarez aos sete minutos de xogo. Por sorte, o equipo branquiazul, formado por Rafa, Jubera, Bellido, Biscay, Adriano, Pignol, Nando, Jacobo Campos, Fabiano, Aguado e Juanito, foi capaz de darlle a volta en dous minutos moi importantes. Un gol de Jacobo Campos no minuto 44 e outro de Bellido no 46 serviron para asinar tres puntos que ao final non servirían para evitar o descenso da Esedé, que quedou a un punto do Elche.
22 de abril de 2012.
E chegamos á historia máis recente do noso Compos. Segunda tempada consecutiva do equipo na Preferente Norte e derrota importante en Ribadeo que aprazaba o ascenso matemático do equipo unha fin de semana máis. Aínda así se trata dunha caída que non chama a atención nunha campaña onde os nosos remataron con 87 puntos, 4 máis que un Narón que non perdeu de vista o primeiro posto en case toda a campaña, e 90 goles a favor.
Partido de ida e volta, con ocasións nas dúas porterías, e que se sentezou grazas a un gol de Rafa Casanova, xogador que aínda milita no equipo lugués, de falta directa. Ese partido, por parte do noso Compos xogaron Christian; Rego, Manuel, Germán, Pablo Vidal; Kolman, Jorge, Jacobo Tato, Garabal; Damián e Julián ademais de Imanol, Paco e Maikel, que entraron na segunda metade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario