20 de abril


Hoxe traemos a segunda entrega de 'Eran outros tempos' con dous partidos do Compos no fútbol nacional. Dous partidos contra dous equipos que non están tampouco a pasar polo mellor momento da súa historia. O Hércules loita agora para volver á Segunda división mentres que o Numancia buscará manterse na categoría de prata un ano máis.

20 de abril de 1997.
Boa tarde en San Lázaro para recibir a un Hércules cun pé na Segunda división. Non obstante, o equipo de Fernando Vázquez, tranquilo na zona media da clasificación, non foi quen de superar aos de Quique Hernández, que marcharon do teatro branquiazul con un punto.
Con Rafa baixo paus, Lekumberri, William Amaral, Villena, o gran Nacho, Mauro, Passi, 'O Rei' Fabiano, Popov, Penev e Ohen, autor de dous goles, no once inicial e Chiba, Manuel e Eraña entrando dende o banco, o equipo branquiazul non puido facerse cos tres puntos aínda chegando ao minuto 81 con 2-1 no marcador, grazas a dous goles de Ohen para os nosos e outro de Amato para os alicantinos. E é que un gol de Villena en propia porta no minuto 88 serviu para que o Hércules volvera a casa con algo.

20 de abril de 2003.
De novo en San Lázaro, nesta ocasión en Segunda división, os tres puntos quedaron na casa. Partido dos nosos contra un Numancia en horas baixas que non desaproveitaron os locais para gañar pola mínima ante o conxunto de Soria na que, malia rematar noveno na táboa, foi a última tempada do equipo en Segunda ata o de agora.
Con Tito, Pinillos, Corredoira, Pignol, Vojvoda, Adriano, Fabiano, Lima, Sequeiros, Juanito e Makel no once titular e Aguado, Fidalgo e Rodri, actual segundo adestrador de Yago Iglesias, saíndo dende o banco, o Compos anotou o gol da vitoria a media hora para o final obra de Sequeiros. Un partido que rematou cun home menos por equipo, sendo Lima o expulsado por parte dos nosos a dez minutos para o final por dobre amonestación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario