A falta de oito xornadas para o final de liga, o Compos chegou a unha cifra redonda de goles. 50 goles para o, actualmente, terceiro equipo que máis ve porta na categoría. Unha cantidade de tantos que non facía o clube branquiazul dende a tempada 2013/14, cando rematou con 53. De feito, os 50 goles en 31 xornadas non se vían do equipo branquiazul dende a tempada 2011/12 en Preferente, onde se conseguíu o ascenso á Terceira división, cando se asinaron a estas alturas 73 dos 90 goles cos que o equipo pechou un curso cuns números fóra do normal.
Moitos goleadores.
Ata 16 xogadores asinaron algún gol co primeiro equipo no que vai de tempada, quedando por marcar catro xogadores de campo máis os dous porteiros do actual plantel branquiazul sendo outro dato moi importante e que fala ben do equipo a nivel ofensivo. E é que hai moitos anos que non se reparten así tódolos goles dun equipo onde tres xogadores están igualados con 7 tantos e outro, Diego Rey, sobresae coas súas asistencias e os oito goles que o confirman como o máximo artilleiro da Esedé.
Pero tamén moitos en contra.
Aos 50 goles a favor hai que restar os 40 en contra. Moitos goles recibidos nestas primeiras 30 xornadas de liga a pesar do gran nivel que amosa Lucas en cada partido defendendo a portería branquiazul. Un dato que hai que ir moito máis atrás para ver algo semellante. De feito, non se encaixan tantos goles a estas alturas da tempada dende a 2009/10 na Segunda B, cando o equipo xa estaba practicamente descendido logo de recibir 54 goles en cousa de 30 partidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario