Festa benéfica


Nos últimos anos, o Compos xoga un bo número de partidos benéficos para intentar axudar ás diferentes entidades da cidade. Nesta ocasión será cun evento un tanto especial e diferente ao que estamos acostumados a ver co Santiago Futsal e o Obradoiro compartindo terreo por fin os tres grandes da capital galega.
Polo 25 aniversario de Cenor e a favor de 'Down Compostela', os tres equipos de Santiago ofrecerán un espectáculo no pavillón de Santa Isabel onde se poderán ver aos xogadores do Obradoiro xogando ao fútbol ou aos do Compos e Santiago Futsal xogando ao baloncesto. De feito, o evento constará de tres encontros, semifinais e final, de 20 minutos cada un. Cada partido contará con 10 minutos de fútbol e outros tantos de baloncesto.
A festa, que contará con sorteo de agasallos no descanso, será o mércores 22 de marzo en Santa Isabel e as entradas, á venda dende este venres 17 de febreiro nas oficinas de Down Compostela e A Praza de Abastos, Rei Zentolo, Tiro Libre SCQ e no Fontes do Sar cun prezo de 5 euros, ao que engadir tamén unha Fila 0 para os que queiran axudar doutro xeito.
Para finalizar, hai que engadir que xa se coñecen os catro equipos que se poderán ver: 
- O equipo de Moncho Fernández estará formado por: Cabrejo, Tomás, Ube e Ander Bellido do Compos, Fran Cárdenas, Pustovyi e Rosco Allen do Obradoiro e Catela, Hugo Sánchez e Víctor López do Santiago Futsal.
- O equipo de Santi Valladares contará con: Lucas, Saro, Samu e Nogueira da Esedé, Juan Castro, Nacho Llovet e Deividas Dulkys do Obradoiro e Pablo Tallón, Chino e Isma do Santiago Futsal.
- O equipo de Yago Iglesias formarano: Lorenzo, David Uña, Diego Rey e Santi do Compos, Santi Yusta, Shayne Whittington e Mickey McConnell do Obradoiro e Santi Valladares, Armando e Mel do Santiago Futsal. 
- E o equipo de Javier González terá nas súas filas a: Taboada, Make, David Rey e Mon do Compos, Pepe Pozas, Adam Pechacek e Eimantas Bendzius do Obradoiro e Antonio Diz, Alex Diz e Chema Mella do Santiago Futsal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario