Dúas ocasións e tres puntos

O Racing Vilalbés rematou en gran parte coas opcións do Compos de entrar en promoción de ascenso con dous goles nas dúas ocasións que tiveron ante Lucas. Pouco máis tiveron que facer para levarse os tres puntos ante un equipo que, malia ter a posesión do esférico en gran parte do xogo, non mereceu a vitoria.
Se hai algo que chama a atención deste equipo é o xeito de estragar partidos cando parecen ter moitas ocasións de conseguir facer algo positivo. De feito ocorreu en A Magdalena, onde todavía ninguén coñece a vitoria no que vai de tempada e do que só o Negreira puido saír cun punto. 

Boa primeira metade.
O Compos fixo unha boa primeira metade nun campo nada fácil. Co paso dos minutos, logo dun arrinque sen dono e con unha chegada sen perigo por cada bando, o equipo de Yago Iglesias conseguíu a posesión do esférico dominando o partido en campo contrario. Sen embargo, nunha ocasión máis, a posesión e o bo xogo non levaron a ningún lado.
As ocasións fixéronse de rogar ata o punto de que, con perigo, na primeira metade non se viu case ningunha por parte dos nosos. Só Make, que buscou dar boa imaxe ante a súa anterior afección, probou sorte ante o porteiro cun testarazo frouxo e sen nada de perigo nin problema para o gardamallas.
Ademais de todo iso hai que destacar que Recoba e Diego Rey, anque o intentaron, non tiveron unha boa tarde en A Magdalena. Os dous xogadores máis destacados do equipo non puideron facer moito ante un muro defensivo sen ocos por onde meter a pelota. A eles hai que engadir que durante a primeira metade non houbo un dianteiro que rematase cada xogada. 

Efectividade total.
O equipo chairego saíu cunha intención clara de xogo: deixar a pelota ao Compos, defender con todo e aproveitar cada contraataque para sacar algo moi positivo. Un plantexamento non moi atractivo pero si efectivo como se puido ver tanto nos intres finais do primeiro tempo coma do segundo. 
Sen Gerardo, mancado ao principio do xogo, o resto dos compañeiros tiveron que dar un paso adiante e, aproveitando a lentitude á hora de recuperar posicións en defensa. Así é que a cinco minutos para o final da primeira metade Rubén finalizou unha chegada pola banda dereita ante a que nada ou pouco puido facer para evitalo.

Mesmo guión na segunda parte.
A segunda metade foi moi parecida. O comezo non tivo dono e o Compos puido igualar o encontro aos dez minutos cunha ocasión que salvou un defensa baixo paus. Primeira e última oportunidade de perigo que tivo a Esedé para levarse polo menos un punto da súa visita a un dos campos máis duros da categoría. 
O Racing Vilalbés tampouco foi quen de poñer en problemas a Lucas durante gran parte do segundo tempo. Por diante no marcador, un equipo que se levou a metade das vitorias na casa con resultados curtos, non quixo arriscar máis da conta para facer o segundo. 

Sentenza.
Xa sen tempo para sorpresas, o Racing Vilalbés sentenzou o encontro e ademais superou o gol de ventaxa que levaba o Compos no enfrontamento particular entre ambos cun segundo tanto case no final do partido. 
O segundo gol chegou tamén á contra. Co Compos buscando o empate aproveitaron para provocar un novo córner onde pechar o partido. De feito, os mesmos xogadores do Racing Vilalbés eran superiores en número e así é que Caballero puido facer o segundo cun remate ante o que Lucas non puido facer nada.

Logo da derrota, coa que non se puido aproveitar o tropezo do Arousa, hai que agardar a outro tropezo do Cerceda para manter as opcións de entrar na promoción de ascenso, agora mesmo moito máis lonxe que antes do partido. 

ALIÑACIÓN: Lucas; Saro (Nogueira, min. 46), Cardeñosa, David Uña, Mon; Taboada; Make, Samu (Cabrejo, min. 64), Diego Rey (Martín, min. 75), Tomás; e Recoba.
CARTÓNS: Amarelos para David Uña, Make e Taboada.
GOLES: 1-0 40' Rubén, 2-0 88' Caballero.
CAMPO: A Magdalena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario