Nova saída, terceira deste 2017, e novo reto moi importante para o noso Compos. Logo de catro vitorias consecutivas, o equipo visitará ao segundo rival en postos de descenso consecutivo, tras superar con dificultades a un bo Castro en San Lázaro. Diante estará un equipo que busca facer algo case imposible: remontar 10 puntos e saír dos postos de descenso antes do final da tempada.
O Castro demostrou que os equipos da zona baixa da táboa non son nada doados de superar. Fixeron falta tres goles para bater ao equipo que máis preto ten os postos de permanencia. E agora toca visitar O Poboado, un dos campos dos que máis puntos saíron ata o de agora e a fonte principal de puntos dun As Pontes cun pé na Preferente galega, categoría da que ascenderon no 2010 e á que loitarán ata o final para non volver.
Nada sae ben.
O equipo da Comarca do Eume non está a pasar por unha boa tempada. Os bos resultados non chegan e o descenso parece estar cada fin de semana máis preto. De feito, logo de gañar por primeira vez fóra da casa, en Bembibre, o equipo pontés está a 10 puntos dos postos de permanencia, menor diferenza dende a xornada 20. A todo isto hai que engadir tamén que a vitoria da pasada xornada foi a primeira vitoria deste 2017 dos homes de Marco Roca.
Os seus números son dos peores da categoría. É o terceiro equipo con menos puntos tanto na clasificación xeral (17) coma nos seus partidos na casa (12), o equipo que máis empates cede na súa casa (6) e o segundo que menos goles marca (19). Aínda así trátase dun equipo que loita en cada partido e iso queda demostrado vendo que iguala en derrotas na casa a catro equipos, todos con 4 derrotas, dos dez últimos clasificados e só superados nesa parte da táboa polo Alondras, con 3 derrotas en 12 partidos.
Os datos deste As Pontes non son os máis positivos nestas 24 xornadas que levamos disputadas. Un equipo que encaixa moitos goles (43) e que, por contra, anota poucos (19). E na casa os seus resultados non son moito máis positivos. Ante a súa afección só conseguiron facer 12 puntos grazas a anotar 10 goles mentres que recibiron só 14, e cinco deles na derrota ante o Cerceda. A iso hai que engadir que tres das catro derrotas chegaron cun resultado curto (0-1) e só nunha ocasión se viron superados a pesar de facer un gol, no 1-5 ante o equipo cercedense.
A nivel individual destaca un home que non poderá estar en O Poboado esta fin de semana. Edy é o máximo goleador do seu equipo con 7 tantos. Sen embargo, o dianteiro de As Somozas foi expulsado en Bembibre e perderase un novo partido dos seus.
De nada a todo.
O Compos non foi quen de sumar de tres en tres durante a primeira volta e, dende a volta de vacacións de Nadal, van dúas vitorias fóra de San Lázaro en dous encontros, algo ao que engadir dúas vitorias máis na casa logo da derrota ante o Fabril. E por que non pensar nunha terceira en As Pontes? Ben é certo que non se trata dun campo doado e o rival parece buscar facer algo ao grande polo que non podemos confiarnos en asinar a quinta vitoria consecutiva.
Unha quinta vitoria consecutiva que podería achegar un pouco máis ao equipo aos postos de promoción de ascenso, novo obxectivo, e sería a xeira máis longa en moito tempo se unicamente temos en conta partidos de liga regular, xa que sumando a promoción de ascenso sumouse a mesma cifra hai xa catro anos. Ademais, para algo mellor hai que ir á última tempada en Preferente, onde chegaron 7 vitorias consecutivas.
Dúas de cinco.
As visitas a O Poboado están moi igualadas ao longo da historia se temos en conta os partidos de Liga. Dende o 64, o Compos visitou o campo pontés ata en 5 ocasións conseguindo dúas vitorias, ambas sen encaixar goles, un empate tamén sen goles e outras dúas derrotas, ambas cun resultado de 3-1. A iso hai que engadir outro empate en Copa RFEF ao comezo desta mesma tempada, onde pasou o equipo local logo dos penaltis.
En canto á ultima visita da Esedé ao As Pontes en liga, no 2013, rematou con vitoria visitante grazas a un gol de Joselu a un minuto para o final do tempo regulamentario. Un partido para pechar a primeira volta e manterse nos postos altos da clasificación. Por contra, ao comezo desta mesma tempada, o resultado non foi tan positivo. Ube conseguíu adiantar aos nosos mentres que Cris forzou os penaltis a quince minutos para o final. Dende os once metros gañou o equipo local.
Último precedente, positivo.
Xa nesta mesma tempada, en Liga, o resultado en San Lázaro foi moi positivo. O As Pontes chegaba coa intención de sumar a súa segunda vitoria en Santiago ao longo da súa historia pero atopouse cun equipo moi forte na súa casa. Os tres puntos quedaron no fortín branquiazul grazas aos goles de Santi e Diego Rey, éste a sete minutos do final, nun partido onde houbo que remontar un gol en contra de Ndiaye antes de cumprirse os quince minutos de partido.
Boa chegada.
Ámbolos dous conxuntos chegarán a este encontro nun bo momento logo de conseguir os tres puntos a pasada fin de semana. Un triunfo que de pouco servíu aos dous equipos tendo en conta o resto de resultados da xornada.
O Compos sumou a cuarta vitoria consecutiva ante un Castro que non quixo poñer as cousas nada fáciles aos homes de Yago Iglesias. Aínda así, os tres puntos quedaron na casa grazas aos goles de Cardeñosa, Recoba e Santi nun novo gran espectáculo de Diego Rey pola banda, asistindo no mellor gol do partido.
Pola súa parte, o As Pontes conseguíu os tres puntos máis dun mes despois da última vez grazas a una importante vitoria ante un rival directo, o Dubra. Dous goles de Rubén Pardo foron suficientes para bater ao equipo de Bembibre a pesar de xogar con dez dende o primeiro tempo pola expulsión de Edy.
O mellor da segunda volta.
O Compos é, xunto co Cerceda, o mellor equipo desta segunda volta. Dos cinco partidos que levamos de ano, só un equipo descoñece a derrota, o Bergantiños, mentres que dous, branquiazuis e cercedenses, suman 12 de 15 puntos posibles sendo o noso equipo o mellor grazas á diferenza de goles.
Ningún dos dous equipos foi quen de arrincar o 2017 cunha vitoria. O Compos caeu nun moi mal encontro ante o Deportivo B rematando unha boa xeira de resultados mentres que o Cerceda non puido co Barco a domicilio. Unha xornada que servíu de punto de inflexión para ambos equipos, que dende esa data non fan máis que sumar vitorias.
No caso da Esedé, logo de perder ante o filial deportivista, chegou a primeira vitoria a domicilio da tempada en Ribadumia. A mellora do equipo levou a unha segunda vitoria consecutiva, en San Lázaro, ante o Céltiga. A terceira, de novo fóra de San Lázaro, chegou dende Cangas mentres que a pasada fin de semana caeu a cuarta consecutiva ante o Castro nun partido complicado na capital. A eses resultados hai que engadir os 12 goles en 4 partidos que acumula un equipo en gran ascenso en canto a resultados e xogo.
O mellor da segunda volta.
O Compos é, xunto co Cerceda, o mellor equipo desta segunda volta. Dos cinco partidos que levamos de ano, só un equipo descoñece a derrota, o Bergantiños, mentres que dous, branquiazuis e cercedenses, suman 12 de 15 puntos posibles sendo o noso equipo o mellor grazas á diferenza de goles.
Ningún dos dous equipos foi quen de arrincar o 2017 cunha vitoria. O Compos caeu nun moi mal encontro ante o Deportivo B rematando unha boa xeira de resultados mentres que o Cerceda non puido co Barco a domicilio. Unha xornada que servíu de punto de inflexión para ambos equipos, que dende esa data non fan máis que sumar vitorias.
No caso da Esedé, logo de perder ante o filial deportivista, chegou a primeira vitoria a domicilio da tempada en Ribadumia. A mellora do equipo levou a unha segunda vitoria consecutiva, en San Lázaro, ante o Céltiga. A terceira, de novo fóra de San Lázaro, chegou dende Cangas mentres que a pasada fin de semana caeu a cuarta consecutiva ante o Castro nun partido complicado na capital. A eses resultados hai que engadir os 12 goles en 4 partidos que acumula un equipo en gran ascenso en canto a resultados e xogo.
Seis.
Logo de falar das catro vitorias consecutivas, hai que engadir os seis partidos que suma o equipo sen coñecer a derrota lonxe de San Lázaro. Dende a saída a A Grela para enfrontarse ao Silva, a Esedé sumou catro empates e dúas vitorias. Nove goles a favor e cinco en contra avalan a un equipo cada vez máis preto dos postos de promoción de ascenso arranxando os problemas que parecía ter durante a primeira volta.
Para unha xeira similar lonxe de San Lázaro hai que botar a vista atrás ata a tempada 2012/13, cando o equipo pechou a tempada con outros seis partidos a domicilio sen perder, aos que sumar tres máis na promoción de ascenso tamén sen coñecer a derrota rematando cun merecido ascenso.
Baixas por sanción.
Os dous equipos contarán con baixas por sanción para este partido. Dúas pezas importantes por parte da Esedé non poderán estar en O Poboado mentres que o máximo goleador pontés tamén terá que ver o encontro dende a bancada.
Yago Iglesias recuperará a Tomás para un partido moi importante pero perderá a dous dos homes máis importantes nos seus plans. Cardeñosa, fixo no centro da zaga, e Make, habitual na zona de creación, cumprirán ciclo de amonestacións para chegar á cita contra o Dubra sen problemas.
Pola súa parte, Marco Roca non poderá contar con Edy, expulsado en Bembibre.
Fútbol de sobremesa.
O domingo haberá que estar un pouco antes no campo. O Poboado abrirá as súas portas para acoller o encontro ás 16:30 horas. As entradas terán un prezo de 10 euros mentres que os menores pasan de balde.
Quen non poida asistir poderá seguilo a través das diferentes redes sociais da Curva Branquiazul, Facebook e Twitter, ou no perfil oficial do clube en Twitter.
Ningún comentario:
Publicar un comentario