Na homenaxe a un grande do periodismo santiagués como foi sempre Antonio Bermúdez, falecido este verán, o Depor volveu facer cinco goles a un Compos que no primeiro tempo foi quen de superar ao primeiro equipo cun once formado por xogadores que poderían ser fixos durante o curso. Por contra, na segunda metade non houbo nada que facer ante a superioridade coruñesa. Con gran número de xogadores do filial herculino, o noso equipo formado por moitos homes das catgorías inferiores non puideron facer nada. Rubén fixo o gol da Esedé mentres que Borges, Hugo Díaz e Borja Galán, ata en tres ocasións, repetiron o resultado do pasado domingo.
Mellor contra o primeiro equipo.
Durante o primeiro tempo, o Compos deixou boas sensacións. Ante un equipo de Primeira división, os nosos foron superiores nalgúns intres. De feito, o equipo dirixido por Yago Iglesias soubo adiantarse no marcador cun gol de Rubén con gran asistencia incluída do xuvenil Cabrejo.
Sen embargo, antes do descanso chegou o gol do empate herculino. Gol de Celso Borges a centro de Laure aproveitando un bo momento do equipo visitante.

A segunda metade, igual que en Abegondo.
O resultado ao final dos primeiros corenta e cinco minutos non foi a única coincidencia co encontro do pasado domingo. O xogo tamén foi moi similar. O Compos desapareceu do terreo de xogo e o Depor, con Pinchi de novo dando guerra, pechou o encontro rapidamente.
En menos de un minuto chegou o segundo gol deportivista, primeiro na conta de Borja Galán. Un gol que foi seguido doutro de Hugo Díaz a pase de Pinchi, facendo estragos de novo na defensa branquiazul.
E se o domingo foi o dianteiro coruñés o encargado de desfacer ao noso equipo a base de goles foi Borja Galán. O ex do Atlético de Madrid e Xetafe foi tamén o encargado de sumar o cuarto, antes de cumprirse a hora de xogo, mentres que o quinto, tamén obra súa, chegou dez minutos despois.
O Compos nesta segunda metade non puido facer nada ante un equipo que se amosou superior sobre o terreo de xogo.

Mesmo resultado, diferentes sensacións.
En Abegondo o resultado foi o mesmo, sen embargo, as sensacións non. É certo que o Compos non xogou mal en terras coruñesas durante varios tramos do primeiro tempo pero nada que ver co bo traballo do primeiro tempo ante todo un equipo de Primeira división.

ALIÑACIÓN: Manu Cedrón (Martín, min. 74); Saro (Samu, min. 46), David Rey (Jose, min. 46), Ander (Jesús Becerra, min. 84), Cabrejo (David Ferreiro, 46); Samu (Alberto, min. 46 / Víctor, min. 84), Diego Rey (Tomás, min. 46 / Lexis, min. 74), Make (Mon, min. 46); Mitogo (Nogueira, min. 46), Ube (Julián, min. 46) e Rubén (Juan Rey, min. 46).
CARTÓNS: Amarelo para Julián.
GOLES: 1-0 10' Rubén, 1-1 34' Borges, 1-2 46' Borja Galán, 1-3 50' Hugo, 1-4 58' Borja Galán, 1-5 70' Borja Galán.
CAMPO: San Lázaro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario