Esta fin de semana chega o terceiro encontro de preparación do noso Compos. Un triangular en Pontevea ante dous equipos de Segunda B co mesmo cartel que o pasado ano, que finalmente non se puido xogar. Somozas e Coruxo serán os rivais da Esedé no primeiro triangular deste verán.
Nesta edición do Torneo de Praíña, o Compos terá a ocasión de conseguir facerse co trofeo, agora mesmo en propiedade do Coruxo, que se puido facer con el o pasado ano. Será a segunda ocasión na que os nosos xoguen este torneo despois da edición de 2012 ante Pontevedra e Deportivo B. E, de novo, contra dous bos rivais.
Os dous foron rivais da Esedé na categoría de bronce durante as dúas últimas tempadas con resultados non moi positivos. Antes ambos, só se puido conseguir un empate nos catro encontros da pasada mentres que fai dous anos sumáronse tres empates e unha vitoria ante o Somozas.
Compos e Somozas abrirán o triangular ás 18:30 horas. Unha hora máis tarde xogarán Somozas e Coruxo e pecharán o triangular Compos e Coruxo dende as 20:30 horas. A entrega de trofeos será ás 21:30 horas.
E unha gran sorpresa.
Fai algo máis dun mes que coñecimos a pésima nova do falecemento do gran periodista santiagués Antonio Bermúdez. Un home moi ligado á Esedé e iso quéreo agradecer o clube cun Memorial ante un equipo de Primeira. O Deportivo será nesta ocasión o rival nun encontro que se xogará o martes 23 de agosto en San Lázaro ás 20:30 horas. Aínda se descoñece o prezo das entradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario