O Compos volveu de Xixón con dous puntos menos do que debería despois dun bo partido con gol incluido, anque non subeu ao marcador. Moi boa imaxe, superioridade e, por fin, buscando con insistencia a portería contraria. Como xa ocorreu a pasada semana, a intensidade foi alta durante os noventa minutos e a presión comezou en campo contrario, defendendo case no medio do campo. Para culminar as xogadas, Guillem estreouse deixando moi boas sensacións e marcando o gol que o colexiado invalidou por suposto fóra de xogo, dubidoso.
Un dos xogos máis importantes para os dous conxuntos nesta tempada, coa permanencia en xogo, comezou cos nosos moi metidos no xogo. Fixéronse coa posesión da pelota dende o primeiro minuto pechando aos locais no seu propio campo e con Guillem lanzado na busca do gol. O balear tivo dúas ocasións moi claras nos primeiros vinte minutos poñendo en serios problemas a Dennis, que foi capaz de evitar un gol moi merecido.
O guión mantívose ata o final dos primeiros corenta e cinco minutos. O Compos apenas tivo máis ocasións destacando un testarazo de Sergio Sánchez no último segundo antes do descanso. Unha superioridade, un dominio que só se puido facer ver a base de córners xa que os asturianos nin sequera nos cartóns, aos que o colexiado só amosou un no segundo tempo ante os catro a xogadores branquiazuis.
No segundo tempo, o Sporting saltou cunha marcha máis aproveitando, durante cinco minutos, un pequeno baixón da Esedé. Sen embargo, o máximo que conseguiron foi unha ocasión rexeitada polo longueiro. E, a partir de aí, de novo alta intensidade branquiazul atopando unha boa ocasión de falta directa que saiu repelida polo longueiro despois de golpear na barreira.
Todo o traballo non parecía suficiente para un equipo con problemas á hora de materializar as ocasións, moi escasas durante a segunda metade. E cando chegou ao fin o gol, o colexiado sinalou fóra de xogo de Guillem no remate, máis que dubidoso e que, de feito, o colexiado tampouco sinalou nun primeiro momento.
Despois do gol, os dous equipos buscaron con máis corazón que cabeza a porta contraria. Guillem polos nosos e Mendi polos locais foron do mellor dos últimos instantes pero sen conseguir máis ocasións coas que desempatar.
Finalmente, un punto importante para quedar a 7 da permanencia e, algo máis positivo, segundo encontro sen encaixar un gol mostrando unha gran seguridade defensiva coa chegada de Fredi. Agora xa só queda pensar e preparar o encontro, o gran derbi, ante o Pontevedra do vindeiro sábado.
ALIÑACIÓN: Pato; Josu, Sergio Sánchez, Catú, Jimmy; Javi Moreno; Jordan (Fondevila, min. 79), Manu Rodríguez (Chiño, min. 84), Bicho (Marcos, min. 88), Goti; e Guillem.
CARTÓNS: Amarelos para Manu Rodríguez, Catú, Josu e Bicho.
GOLES: 0-0.
ESTADIO: Mareo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario