João Pedro Gomes Camacho chega ao Compos para reforzar un ataque reformado. Extremo portugués de 21 anos procedente do CD Nacional de Funchal, equipo da primeira división lusa, que suma xa tres tempadas dende a súa estrea no primeiro equipo anque sen apenas oportunidades. Reforzará a banda dereita en ataque na busca de crear perigo e ofrecer ocasións a Guillem e Chiño.
Non estaba a ser un fixo nas filas do equipo portugués anque nestas dúas tempadas si xogou na Copa co Nacional, ao que chegou procedente do União de Madeira, equipo da súa terra, e sen sumar aínda ningún gol. Aquí buscará minutos da man de Fredi ata o final de tempada confirmándose como o cuarto reforzo, quinto se contamos a Chiño, neste mercado invernal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario