A Esedé suma unha nova derrota para a súa conta na estrea de Fredi na súa segunda etapa no banco branquiazul. Unha dura caída en Tafalla nun partido dominado polos galegos cun gol no tempo engadido cando o máis xusto parecía ser o empate sen goles. E unha semana máis demostrouse que o noso equipo en ataque ten moito que mellorar en ataque, que fan falta máis fichaxes e que non hai fondo de armario para as segundas metades.
Da primeira metade pouco se pode contar. O Compos, cun xogo un pouco máis atractivo que ata o momento, non foi quen de achegarse á porta defendida polo porteiro navarro. Corenta e cinco minutos nos que ningún dos dous equipos foi quen de chegar apenas con perigo á área rival, agás unha ocasión dos locais nos primeiros intres do encontro ante a que Pato sacou unha gran man.
O Compos mellorou en canto a xogo. Posesións longas, fútbol de toque pero, unha vez máis, sen ningún perigo. Moito fútbol no centro e inexistencia en traballos ofensivos. Orbegozo anulado, sen apenas tocar pelota e, aínda menos, sen ter opcións de facer o gol de ningunha das maneiras posibles. Nin sequera a balón parado o noso equipo foi quen de levar a superioridade sobre o terreo de xogo ao marcador, que chegou ao descanso igual que ao comezo.
A segunda metade foi un pouco máis do mesmo co Compos un pouco máis activo en ataque. Sen levar perigo nos córners, só Jimmy e Orbegozo foron quen de dar traballo ao gardamallas local. De novo sen ideas para facer o gol da vitoria e, sen dúbida, os trocos non axudaron moito tampouco á hora de achegar ao equipo aos postos de tranquilidade.
Numerosas posibilidades. Chegadas a balóns parados pero sen sorte nin puntería ante un equipo que pouco máis puido facer que defenderse e buscar a porta de Pato á contra, sen facer tampouco nada para levarse a vitoria nun encontro que aumenta a mala sorte de Fredi co Compos lonxe de San Lázaro, ao igual que a do equipo nesta campaña na que xa van dez encontros sen coñecer a vitoria.
O Peña Sport tampouco parecía merecer levarse un premio superior pero ao fútbol non gaña quen máis o merece, senón quen máis goles fai. E os navarros, na última ocasión do encontro, xa no tempo engadido, chegou o gol que afunde un pouco máis a un Compos con pé e medio na Terceira división a vindeira tempada.
Un golpe duro, inmerecido e que deixa ao equipo aínda máis tocado despois da terceira derrota consecutiva. E agora a pensar no Izarra, que visitará San Lázaro o sábado pola tarde coa salvación a 10 puntos e o Atlético Astorga a 3. Matematicamente non é imposible, pero a lóxica xa non di o mesmo.
ALIÑACIÓN: Pato; Josu, Sergio Sánchez, Catú, Jimmy; Marcos (Javi Moreno, min. 46); Jordan (Joaquín, min. 75), Manu, Bicho (Jesús Varela, min. 83), Fondevila; e Orbegozo.
CARTÓNS: Amarelo para Marcos e Javi Moreno.
GOLES: 1-0 92' Samuel.
ESTADIO: San Francisco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario