Visitaremos ao Peña Sport de Tafalla. O equipo navarro non está a facer a súa mellor tempada na Segunda B. Son penúltimos con dous puntos máis que o Compos ademais de ser o terceiro equipo que máis goles recibiu no que vai de curso (35). En canto aos goles na outra portería, é un dos equipos menos goleadores con só 19 tantos con Manjón co papel de máximo goleador con 5 na súa conta particular.
Os navarros, ao igual que o Compos, non están a pasar por un bo momento. Suman case dous meses, seis xornadas, sen coñecer a vitoria e anotando só dous goles. Uns números que non melloran nin cando xogan de locais. Da súa casa saíron 12 puntos de 27 posibles despois de 3 vitorias locais, 3 empates e outras 3 derrotas, ante Racing de Ferrol, Pontevedra e Burgos.
Na anterior cita, en San Lázaro na primeira volta, o Compos sumou tres puntos importantes cun chisco de sorte. Un gol de Gerard Oliva despois dun erro importante do porteiro foi suficiente para conseguir os tres primeiros puntos da tempada. Esa foi a primeira e única vez que os dous se viron as caras en partido de liga.
Na pasada xornada, para abrir a segunda volta, o Compos non foi quen de superar a un Logroñés con doce nun campo onde o fútbol de toque foi imposible. Pola súa parte, o Izarra caeu por 3-0 na súa visita a Villaviciosa ante o Lealtad.
Para este encontro, na volta de Fredi ao encontro, o adestrador branquiazul fixo unha lista de 16 convocados entre os que non están Portela, que cumprirá o seu segundo partido de sanción, Mon, Javi, Goti e Dani Hernández.
O partido será o domingo ás 16 horas no campo de San Francisco, en Tafalla. Non haberá televisión e haberá que tirar de redes sociais para poder seguir o encontro en directo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario